InicioCentralFozO alcalde de Foz supervisa as obras dos viais de Mañente dentro...

O alcalde de Foz supervisa as obras dos viais de Mañente dentro do plan AGADER

No momento da visita do alcalde, xa estaba moi avanzada a limpeza das cunetas e prevé que “se as condicións meteorolóxicas o permiten durante esta semana procederase a estender o aglomerado e a obra podería quedar rematada neste mesmo mes”.

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, e o concelleiro Javier Fraga supervisaron as obras de mellora de viais en Mañente (Vilaronte) orzamentadas con cargo ao Plan de Mellora de Camiños 2021-2022 do AGADER.

As obras consisten na limpeza de marxes de 940 metros de camiños municipais, así como a renovación do firme con aglomerado en quente de 5 centímetros de espesor e o pintado das marxes. Fran Cajoto explica que “son dous viais moi empregados por veciñas e veciños, tanto pola maquinaria agrícola como de acceso ás vivendas. Serven tamén de conexión do barrio de Mañente coa estrada autonómica LU-152 Foz-Ferreira e coa estrada provincial LU-P-2004”.

Cajoto destaca que “a obra será completa: limpeza de cunetas, aglomerado e sinalización. Para mellorar a seguridade viaria e evitar velocidades excesivas vamos dispoñer lombos de asno sinalizados, como fixemos noutras actuacións previas. Son rectas prolongadas e queremos calmar o tráfico en zonas de cruces, polo perigo supoñen”.

No momento da visita dos responsables municipais estaba moi avanzada a limpeza das cunetas e o alcalde prevé que “se as condicións meteorolóxicas o permiten durante esta semana procederase a estender o aglomerado e a obra podería quedar rematada neste mesmo mes”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...