Seguen aparecendo positivos en Foz polo brote do colexio, “cinco nas últimas horas”

Francisco Cajoto admite "certa preocupación", pero destaca que o brote está controlado.

Xente na terraza dun bar en Foz, o pasado verán. JUAN MAYA

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, recoñeceu que existe “certa preocupación” entre os veciños deste municipio mariñán, que a partir de mañá quedará no nivel medio de restricións como consecuencia da incidencia do coronavirus, no seu caso por mor dun foco detectado nun colexio da localidade.

“Apareceron algúns casos máis, en concreto foron detectados outro cinco nas últimas horas”, precisou o alcalde, quen recoñeceu que esta situación tamén preocupa máis aos pais porque afecta os nenos.

Hai unha trintena de casos de Covid-19 confirmados vinculados ao CEIP ‘O Cantel’, o que fixo que subise a incidencia e que o comité clínico tomase a decisión de deixar a Foz a partir deste sábado -día 25 de setembro- no nivel medio de restricións.

O rexedor local confirmou que, afortunadamente, a maioría das persoas contaxiadas están asintomáticas ou cunha sintomatoloxía moi leve. Agora espera que as medidas de precaución adoptadas sirvan para que o brote se “estabilice” e o número de casos “empece a baixar”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here