A XIV Limpeza Simultánea “Móllate polos ríos” celebrouse en 51 concellos galegos. Este ano o Concello de Foz partipou por primeira vez en Coordinación co Proxecto Ríos. En concreto a Concellaría de Medio Ambiente de Foz fixoo no río Alemparte, na parroquia de Cangas. Esta limpeza do Alemparte mobilizou 10 voluntarios mesmo de outros concellos.
O resultado desta acción no cauce do Alemparte foi a recollida de refugallos moi variados: botellas, garrafas, bolsas ou sacos ademais de todo tipo de pezas metálicas e entullo. Calcúlase en mais de 70 kg de refugallos retirados da canle do río Alemparte.
O Proxecto Ríos é un programa de Educación e Voluntariado Ambiental que ten a finalidade de dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas, así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación.
Desde a Concellería de Medio Ambiente agradecen aos voluntarios que “se mollaran po los ríos” e animan a todolos interesados a participar en vindeiras iniciativas de protección do territorio.