O brote de Foz progresa de maneira satisfactoria segundo Sanidade

O concello mantense aínda así no nivel medio de restriccións.

Material sanitario para realizar probas PCR. EFE/ELISEO TRIGO

O Concello de Foz mantén  unha incidencia acumulada a sete días entre 125 e 250 casos por cada 100.000 habitantes e os casos diagnosticados totais nese período son 21, un menos que na xornada de anterior, co que se observa un descenso. Ademais, a 14 días tampouco houbo aumento de casos e súmanse 66 en total.

As principais diferenzas entre o nivel medio e o nivel medio baixo radican na celebración de espectáculos (só se permite con público de pé na de menos incidencia) e as verbenas e festas populares, que unicamente están permitidas nos concellos coas medidas máis relaxadas, actualmente, en toda Galicia menos Foz e O Barco.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here