InicioCentralO alcalde de Foz celebra que se estabilizou o brote escolar de...

O alcalde de Foz celebra que se estabilizou o brote escolar de Covid cunha trintena de casos

O concello continuará en nivel medio de restricións.

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde do municipio lucense de Foz, Fran Cajoto, celebrou que se estabilizou o brote de Covid-19 orixinado na unidade de educación infantil do colexio Cantel, cunha trintena de casos. “Estabilizáronse os casos positivos, é o sinal de que a curva xa é horizontal, non vertical. Chegamos a ese pico da curva e agora xa poderá comezar a baixar“, destacou o rexedor.

Segundo os datos actualizados este pasado mércores pola Consellería de Educación, o CEIP O Cantel de Foz conta con 36 casos activos de Covid-19 –seis máis que hai unha semana– e unha aula pechada –tres menos que sete días antes–.

“Esta circunstancia que tivemos ao comezo do curso escolar vai amainando, os pais e nais poden estar tranquilos e que a dirección do centro poida respirar porque a verdade é que estivo a facer un traballo excepcional dado que é complicado xestionar unha situación destas características”, explicou o rexedor.

A pesar de que o municipio continuará en nivel medio de restricións, tras o acordado este martes polo comité clínico, o alcalde de Foz subliñou que “a pesar de seguir no mesmo nivel”, xa poden “respirar tranquilos, aínda que hai que ser precavidos”.

Son 66 os casos en activos de Covid na actualidade neste municipio. “Non subimos e esa é a boa nova, que se estabilice, e que se baixe e cando iso aconteza cambiar de nivel”, valorou Cajoto.

ÚLTIMAS

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...

Sete persoas intoxicadas por monóxido de carbono nunha vivenda en Foz

Un total de sete persoas, das cales dúas son menores de idade, necesitaron asistencia...

O servizo de recollida de residuos orgánicos comezará en Viveiro o día 18 de decembro

O Concello de Viveiro informa á cidadanía de que o vindeiro día 18 de...

O Concello de Ribadeo sinala que non subirá as taxas da auga e do lixo

Ribadeo non subirá o recibo da auga e do lixo. Así o asegura Marta...