InicioCentralFozPresentadas as alegacións do Concello de Foz contra o parque eólico Borrasca

Presentadas as alegacións do Concello de Foz contra o parque eólico Borrasca

Nas alegacións tamén se consideraron impactos ao patrimonio natural de Foz e concretamente á Zona de Especial Protección de Aves Ría de Foz, que se podería ver especialmente afectada.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Foz presentou o pasado venres as alegacións ao parque eólico Borrasca, promovido pola industrial Greenalia e que afecta de forma moi significativa ao municipio.

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, mostrouse satisfeito polo traballo técnico que realizou a consultora contratada, Nergetia, e no que traballaron dous físicos e un enxeñeiro industrial especializados no sector eólico. “Son algo máis de 70 páxinas nas que se revisa o anteproxecto do parque eólico e o estudo de impacto ambiental que presentou Greenalia”, sinala Cajoto.

Os técnicos fixeron fincapé naquelas zonas de vivendas que podían verse máis afectadas, como as casas do Furco, no barrio da Ermida, e o barrio de Vilela, en San Martiño. No informe móstrase un novo cálculo de ruídos polo que se soubo que dous aeroxeradores superarían o nivel de 45 decibelios permitidos en horario nocturno para unha zona de vivendas. “Isto é moi importante, xa que estamos a falar de que non se respecta a lexislación actual e a presión sonora sería moi superior á legal”.

Nas alegacións tamén se consideraron impactos ao patrimonio natural de Foz e concretamente á Zona de Especial Protección de Aves Ría de Foz, que se podería ver especialmente afectada. “Non ten sentido constituír unha zona de protección ás aves e dispoñer un aeroxenerador próximo, nun espazo de tanta relevancia para o descanso das aves migratorias como é a Ría de Foz”, engade o rexedor municipal. Nas alegacións trátanse tamén outras cuestións, como as liñas de evacuación ou as infraestruturas asociadas ao parque.

O alcalde de Foz afirma que é o segundo proxecto ao que presenta alegacións o Concello, despois do referido ao espigón da praia do Altar. “Actuamos sempre da mesma maneira: informándonos, contactando con técnicos solventes para estudar a documentación e presentando alegacións en todos aqueles puntos que podan ser prexudiciais para as veciñas e veciños e o patrimonio do noso concello”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...