InicioCentralMergulladores da Garda Civil buscarán á muller desaparecida de Foz no río...

Mergulladores da Garda Civil buscarán á muller desaparecida de Foz no río Ouro

Publicada o

- Advertisement -

Mergulladores de Grupos Especiais de Actividades Subacuáticas (GEAS) da Garda Civil rastrexarán este mércores o río Ouro no municipio lucense de Foz no marco do operativo de procura da muller de 69 anos de idade que padece a enfermidade de Alzheimer desaparecida desde a tarde deste pasado domingo.

Así o informaron a Europa Press fontes do dispositivo, que explicaron que o resto de axentes e voluntarios rastrexarán estradas paralelas na zona das poboacións de Nois e Cordido, próximas á súa residencia, ás que adoitaba ir a desaparecida.

Deste xeito, o dispositivo amplía o radio de procura para “descartar puntos” e este mércores comprobará cunetas e camiños, entre outras localizacións “ata a entrada de Cordido”, engaden as mesmas fontes.

O dispositivo segue despois de que na tarde deste pasado martes cans de salvamento rastrexasen a zona de abaixo onde se sitúa a vivenda na que reside a muller desaparecida. Mentres, forestais peitearon zona de monte e o resto do operativo, con efectivos de Protección Civil, Garda Civil e outros, centrouse nas proximidades do Río Ouro, pola parte de abaixo da casa, en canto a estradas, campos e alpendres, entre outros puntos.

AVISO

A procura comezou despois de que o 112 Galicia recibise ás 20,30 horas do domingo o aviso dun familiar que pedía axuda porque a sexagenaria marchou de casa. Tras iso, o servizo de emerxencias alertou á Garda Civil.

Foi un veciño quen atopou o primeiro día nunha pista de monte a roupa e un cueiro da sexagenaria, polo que o radio de procura de rastrexo centrouse e ampliouse a esa zona.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...