InicioCentralFozA Travesía da Ría de Foz, unha historia que continúa con 300...

A Travesía da Ría de Foz, unha historia que continúa con 300 participantes

A 59 edición da Travesía Ría de Foz, organizada polo Kayak de Foz co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Publicada o

- Advertisement -

Foz acolleu este martes a 59 edición da Travesía Ría de Foz, organizada polo Kayak de Foz co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. Arredor de 300 palistas das categorías cadete, xuvenil, senior e máster procedentes de 33 clubs de Galicia, Asturias e León disputaron a proba, que se disputa ininterrompidamente desde 1962.

Club Naval de Pontevedra, Escola de Piragüismo Cidade de Pontevedra e Club Cabanas KDM ocuparon o podio na clasificación por clubs, na que o Cidade de Lugo foi cuarto e o Viveiro Urban sétimo. Fluvial de Lugo, Altruán de Ribadeo, San Ciprián e o anfitrión, Kayak de Foz, completaron a presenza de clubs lucenses na regata.

En canto aos resultados individuais, as participacións máis destacadas de palistas de clubs lucenses foron as de Miguel Rouco e Roi Blanco, do Club Fluvial de Lugo, campións en cadete e xuvenil k-1; as das parellas formadas por Enma Devesa e Aleksandra Alforova e Víctor Devesa e Daniel Fernández, de Cidade de Lugo, gañadoras en xuvenil e cadete k-2 ou a de María Ángel del Riego, tamén de Cidade de Lugo, primeira en master k-1

Tamén subiron aos podios Andrea Rodríguez e Ángela Fernández, de Altruán Ribadeo, segundas en cadete k-2; Samuel Fernández e Alejandro Zas de Club Fluvial de Lugo. segundos en cadete c-2; Lucas López e Aarón Paz, de Cidade de Lugo, terceiros en xuvenil k-2; Valeria Romero e Alberto Rodríguez de Cidade de Lugo, segunda praza en senior k-2 e Francisco e Alberto Pigueiras, terceiros en senior k-2.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...