O alcalde de Foz, Fran Cajoto, e a concelleira de Servizos Sociais, Ana Rojo, visitaron hoxe, martes, á veciña de Forxán Asunción Rico, que cumpriu 100 anos, e entregáronlle un obsequio do Concello.
Ana Rojo explicou que Asunción Rico “é orixinaria da Pontenova, onde casou, traballou no agro, ela e o seu marido, que tiveron 5 fillos e 7 netos”.
Rojo sinalou que Asunción os recibiu chea de enerxía, xunto aos seus familiares, lembrando momentos da súa vida e “facéndonos participes dás súas vivencias. Felicidades a dona Asunción e á súa gran familia neste día tan especial”.