Unha de tapas de poldro en Foz para esta fin de semana

Catorce establecementos focenses hostaleiros participan nesta iniciativa ofrecendo tapas gratuítas con cada consumición.


Na Ponte de Santos AciaFozCCA organiza unhas Xornadas de Tapeo de Carne de Poldro, que se celebrarán os días 30 e 31 de outubro, sábado e domingo.

Son 14 os establecementos hostaleiros que participan nesta iniciativa ofrecendo tapas gratuítas con cada consumición.

Os locais que ofrecerán as súas preparacións con carne de poldro son: A Rambla- Pachán, A Viela, Anduriña, As Brasas, Augas Santas, Casa Damián, Dandy, Hotel Oca, O Lar, O Muelle Bar, Pizzería Xoiña, Portochico, Tangarte e Xoyma.

Colaboran con esta campaña de AciaFozCCA: o Concello de Foz, ImpulsaFoz, Xunta de Galicia e Asociación Pura Raza Galega.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here