InicioCentralFozA Escola Municipal de Música e a Banda de Foz participan no...

A Escola Municipal de Música e a Banda de Foz participan no Novembro Musical xunto co Concello

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, destacou que “a cultura continúa estando presente en Foz, nunha unión entre a afección e profesionais que beneficia a todos”.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Foz organiza unha programación denominada Novembro Musical, xunto a coa Escola Municipal de Música e a Banda. A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “novembro comeza cargado de ritmo en Foz.

A Escola de Música Municipal Arcadio Mon levará a cabo na sala Bahía dúas actuacións os días 6 e 13 de novembro ás 20 horas. A primeira será da DKBand, un combo da Escola de Música que interpreta composicións de blues, rock e pop rock. A segunda actuación será do Combo de Jazz, que nos deleitará coas mellores pezas deste xénero”.

Na presentación destas actuacións o alcalde de Foz, Fran Cajoto; a edil de Cultura, Inés López; e o director da Escola Municipal de Música, Felipe Sánchez, mostráronse satisfeitos de que se recupere a actividade musical.

Inés López deu a coñecer ademais que o domingo 7 ás 19 horas tamén se poderá gozar de bo teatro, coa compañía Ítaca e a súa obra Formigas no peto, “unha composición que nos mergulla na infancia a través da memoria do protagonista, unha memoria coa que calquera podería identificarse, vencellando o colectivo e o individual“.

A Banda de Música tamén realizará unha actuación co grupo teatral Touporroutou en conmemoración da Santa Icía. Neste caso o teatro e a música van da man para mostrarnos situacións cómicas que poderían ter pasado nunha discoteca dos anos 80. Esta actuación será o día 27 ás 20 horas. López Couto destacou que “a cultura continúa estando presente en Foz, nunha unión entre a afección e profesionais que beneficia a todos”.

A concelleira de Cultura rematou explicando que “para acudir a estes eventos non será necesario anotarse, pero si o uso de máscara e xel hidroalcohólico, e ata cubrir aforo, como marcan as novas medidas sanitarias impostas. Pídese a chegada dez minutos antes do evento para un correcto desenvolvemento do mesmo”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...