InicioCentralFozO alcalde de Foz celebra a aprobación da licitación para a nova...

O alcalde de Foz celebra a aprobación da licitación para a nova EDAR aínda que non haxa proxecto redactado

Fran Cajoto engadiu que “chega un pouco tarde porque a EDAR tiña que estar rematada no ano 2020, conforme ao convenio orixinal. Todos os trámites demoráronse en exceso e, segundo a última addenda asinada, iriámonos ao ano 2025 para a finalización das obras e a posta en funcionamento”.

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, manifestou hoxe, xoves, que a aprobación por parte do Consello da Xunta da licitación da nova estación depuradora de augas residuais (EDAR) é unha boa nova, pero lembra que aínda non está redactado o proxecto construtivo e que o Concello está co proceso para a expropiación dos terreos para esa obra.

Cajoto lembrou que Augas de Galicia “se comprometeu a que o Concello tamén intervirá no proxecto porque queremos asegurarnos de que é o mellor e de que a obra non teña consecuencias para as veciñas e veciños de Forxán”.

Fran Cajoto engadiu que “chega un pouco tarde porque a EDAR tiña que estar rematada no ano 2020, conforme ao convenio orixinal. Todos os trámites demoráronse en exceso e, segundo a última addenda asinada, iriámonos ao ano 2025 para a finalización das obras e a posta en funcionamento”.

O alcalde explicou tamén que o Concello de Foz “está facendo os deberes, estamos agora mesmo co proceso de expropiación dos terreos, este ano no orzamento municipal consignamos os fondos necesarios e estamos levando a cabo todos os trámites oportunos, unha vez aprobado o anteproxecto por parte de Augas de Galicia”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...