Construción en Foz dun novo espazo para o colectivo de discapacitados intelectuais

A construción da edificación anexa á Aula de Seguridade Vial está financiada con fondos propios do Concello de Foz e foi adxudicada por un importe de 58.834,39 euros.


O Concello de Foz iniciou as obras de construción dunha nova edificación no peirao de Foz, anexa á Aula de Seguridade Vial. “Este novo espazo servirá para que a Asociación de Discapacitados Virxe do Carme teña as mellores instalacións para a gran labor que está a facer”, explica o alcalde, Fran Cajoto.

A concelleira de Asuntos Sociais, Ana Rojo, destaca a satisfacción das familias que atende a asociación: “aos talleres habituais poderán engadir o cultivo dun horto con diversas plantas e hortalizas nas zonas verdes deste espazo, unha maneira máis de afondar na integración que promove a súa mestra Carolina. E todo isto fronte á nosa ría, nun punto privilexiado”.

O rexedor municipal explica que “os traballos avanzan a bo ritmo. O próximo luns remataranse as cimentacións do edificio, anexo á Aula de Seguridade Vial. Estas obras son un compromiso adquirido e cumprido coa Asociación de Discapacitados Virxe do Carme e con todas as xubiladas e xubilados de Foz”.

A construción da edificación anexa á Aula de Seguridade Vial está financiada con fondos propios do Concello de Foz e foi adxudicada por un importe de 58.834,39 euros.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here