InicioCentralFozFoz presenta alegacións ao estudo de Impacto Ambiental do parque eólico Fonte...

Foz presenta alegacións ao estudo de Impacto Ambiental do parque eólico Fonte Barreiros

Nas alegacións tamén se encontraron outras faltas, como obviar o anteproxecto ou o proxecto de trazado da autovía da Mariña A-74. “É un documento incompleto que non respecta as características do entorno”, remata o alcalde de Foz.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Foz presentou alegacións ao Estudo de Impacto Ambiental e á solicitude de Autorización Administrativa Previa do Parque Eólico Fonte Barreiros, de 96 MW, e da súa infraestrutura de evacuación.

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, indica que o Concello “actúa sempre de forma seria e responsable, informándonos, contactando con técnicos solventes para estudar a documentación e presentando alegacións en todos aqueles puntos que podan ser prexudiciais para veciñas, veciños e o patrimonio do noso concello”. Neste sentido, para Cajoto o proxecto do parque eólico Fonte Barreiros presenta incongruencias, erros e falta de estudo en moitos puntos.

O rexedor municipal engade ademais que “aínda que neste caso, a diferenza do proxecto denominado Borrasca, non se proxectan aeroxeneradores en Foz, o parque Fonte Barreiros si ten un impacto claro coa liña de alta tensión proxectada“. Cajoto insiste en que se volve producir o mesmo erro doutros proxectos, de duplicar liñas de tensión con “trazados paralelos cando a normativa esixe que se aproveiten os trazados das actuais adaptando as infraestruturas, para evitar un maior impacto”. Ademais no barrio do Carme, en San Martiño, a liña pasa en aéreo sobre solo clasificado como núcleo rural e edificable, non respectando a normativa.

Nas alegacións tamén se encontraron outras faltas, como obviar o anteproxecto ou o proxecto de trazado da autovía da Mariña A-74. “É un documento incompleto que non respecta as características do entorno”, remata o alcalde de Foz.

ÚLTIMAS

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...

Sete persoas intoxicadas por monóxido de carbono nunha vivenda en Foz

Un total de sete persoas, das cales dúas son menores de idade, necesitaron asistencia...

O servizo de recollida de residuos orgánicos comezará en Viveiro o día 18 de decembro

O Concello de Viveiro informa á cidadanía de que o vindeiro día 18 de...

O Concello de Ribadeo sinala que non subirá as taxas da auga e do lixo

Ribadeo non subirá o recibo da auga e do lixo. Así o asegura Marta...