InicioCentralFozFoz convoca aos voceiros da corporación para tratar a actualización do rueiro...

Foz convoca aos voceiros da corporación para tratar a actualización do rueiro municipal

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, sinala que actualmente "hai problemas co servizo de Correos e moitos máis coas empresas de paquetería e transporte, que cada vez teñen unha maior demanda".

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Foz traballa na actualización do rueiro municipal. Para mañá, venres 26 de novembro, están convocados a unha reunión de traballo os voceiros dos distintos partidos da corporación, xunto con traballadores da empresa redactora e técnicos municipais.

O alcalde, Fran Cajoto, explica as accións que se están levando a cabo para realizar “un traballo moi necesario”, aínda que é consciente das incomodidades que pode causar a veciñas e veciños. “Actualmente no rueiro municipal hai numeración repetida e incongruencias en moitos puntos. Hai problemas co servizo de Correos e moitos máis coas empresas de paquetería e transporte, que cada vez teñen unha maior demanda.

“O máis grave pode resultar nunha situación de emerxencia, xa que as ambulancias están a ter problemas para localizar os domicilios dos avisos”. Na actualidade o Concello só dispón duns planos en papel que segundo o alcalde están desfasados e contan con moitos erros. Estase a traballar para facer unha nova numeración para evitar cambios e que sexa de referencia para as próximas décadas.

O rexedor municipal anuncia que “no proceso contarse coa participación de veciñas e veciños, para revisar posibles erros ou omisións e tamén para a elección de nomes de distintas rúas que actualmente non o teñen“. Para isto realizaranse reunións informativas nas distintas parroquias, deixando copias de planos e dando información a todas as veciñas e veciños para os trámites necesarios unha vez o rueiro estea rematado.

Fran Cajoto indica que “as veciñas e veciños terán voz e voto na elección de nomes para as rúas que están sen el. Queremos un proceso participativo e cando o traballo estea máis avanzado indicaremos a forma en que se levará a cabo. Os nomes das rúas son parte tamén do noso patrimonio”.

ÚLTIMAS

Dous cabalos invaden a A-8 en Lourenzá

Ás 9.05 horas deste sábado á altura do quilómetro 536 da A-8, no municipio...

Melloras no edificio dos armadores do porto de San Cibrao para facilitar as súas condicións de traballo

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, remarcou o futuro acondicionamento do edificio dos locais dos armadores no...

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...

Sete persoas intoxicadas por monóxido de carbono nunha vivenda en Foz

Un total de sete persoas, das cales dúas son menores de idade, necesitaron asistencia...