InicioCentralFozVenres luminoso en Foz para acender as luces do Nadal

Venres luminoso en Foz para acender as luces do Nadal

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, anima a todo o mundo a darse un paseo polas rúas da vila a partir deste venres: “o ano pasado o barco Joaquincito engalanado traspasou fronteiras. Non vale de nada contalo, hai que vir velo".

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, anuncia o acendido do alumeado de Nadal para este venres, día 3 de decembro, ás 18.30 horas cun evento denominado Bright Friday (Venres Luminoso). Terá lugar na Glorieta de Vilalba, debaixo da árbore, coa actuación musical do director da Escola Municipal de Música, Felipe Sánchez, se as condicións meteorolóxicas o permiten.

A tenente de alcalde e concelleira de Cultura, Inés López Couto, destaca “o gran traballo realizado pola empresa contratada para a instalación das lucense de Nadal e os operarios e técnicos municipais, que están a ultimar grilandas, adornos e lámpadas para que Foz brille na noite deste venres”.

Entre outros adornos nas rúas destaca a gran bola de Conde de Fontao, a iluminación en Paco Maañón ou as lámpadas do barco da Casa do Mar ou do Cenima. Todos estes lugares serán puntos focais do alumeado. Tamén se apliaron os adornos na Avenida de Asturias ata chegar a Vilaxoane. “Cremos que o Nadal é de todas e todos; estou segura que imos sorprender”.

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, anima a todo o mundo a darse un paseo polas rúas da vila a partir deste venres: “o ano pasado o barco Joaquincito engalanado traspasou fronteiras. Non vale de nada contalo, hai que vir velo. Convidamos a veciñas e veciños -e seguro que tamén moitos visitantes- a facer un percorrido polas rúas de Foz, a desfrutar do paseo e a compartilo. Estaremos encantados de recibirvos”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...