InicioCentralFozO alcalde de Foz destaca o valor positivo do proxecto de senda...

O alcalde de Foz destaca o valor positivo do proxecto de senda peonil entre Peizás e Pampillosa

O proxecto inclúe a execución dunha nova senda peonil de 1,6 quilómetros de lonxitude entre as praias de Peizás e a Pampillosa, dando continuidade ao paseo marítimo entre Fondás e a presa da Posada, no río Ouro: “máis de 15 quilómetros continuos de plataforma independente e segura a carón da nosa costa”, en palabras do alcalde.

Publicada o

- Advertisement -

O BOE publicou o pasado luns 13 de decembro de 2021 a información pública do proxecto Adaptación del proyecto de obtención de espacios para uso público y ejecución de senderopeatonal entre las playas de Peizás y A Pampillosa; T.M. Foz.

O alcalde, Fran Cajoto, quere agradecer a boa disposición do Servizo de Costas e da Subdelegación do Goberno a avanzar no proxecto do paseo marítimo entre as praias de Peizás (Forxán, San Martiño) e Pampillosa (Fazouro), que conta con terreos expropiados e está pendente de execución.

“Non nos podemos imaxinar un Foz sen paseo marítimo. É a nosa seña de identidade e un dos principais atractivos para que máis xente escolla a nosa vila como lugar de residencia” declarou o alcalde Fran Cajoto. O mesmo alcalde destacou  que é un auténtico privilexio dispoñer de zonas de esparexemento para desfrutar todos os días dun paseo a carón do mar. Cajoto tamén destacou que este mesmo ano levouse a cabo a posta en valor da península da Tamaniña, que se constituíu nun miradoiro sobre o Cantábrico.

O proxecto inclúe a execución dunha nova senda peonil de 1,6 quilómetros de lonxitude entre as praias de Peizás e a Pampillosa, dando continuidade ao paseo marítimo entre Fondás e a presa da Posada, no río Ouro: “máis de 15 quilómetros continuos de plataforma independente e segura a carón da nosa costa”, en palabras do alcalde.

Cun orzamento de 1,09 millóns de euros o proxecto inclúe o paseo marítimo entre Peizás e Pampillosa e a ampliación da senda na parte central da Rapadoira. “Dar as grazas á Delegación e Subdelegación do Goberno e ao Servizo Provincial de Costas pola implicación neste proxecto pendente. Entre todas e todos continuamos a traballar para facer un Foz mellor”, rematou Fran Cajoto.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...