Un accidente en Foz deixa dúas persoas feridas

Ambulancia medicalizada. AXM

Dúas persoas resultaron feridas este martes ao saír da vía o coche sen carné no que viaxaban en Cordido, no termo municipal de Foz.

O sinistro rexistrouse sobre as 13,00 horas, momento no que un particular alertou do ocorrido ao 112. A central de Emerxencias remitiu o aviso ao 061, Garda Civil, Bombeiros e outros efectivos.

Unha das persoas accidentadas necesitou a axuda dos Bombeiros de Barreiros para saír do vehículo, ao quedar atrapada no interior. Posteriormente, os tres ocupantes foron trasladados ao centro sanitario.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here