InicioCentralFozCondenado un veciño de Foz por plantarlle lume ao piso do seu...

Condenado un veciño de Foz por plantarlle lume ao piso do seu caseiro

Atopábase bébedo no momento dos feitos, di o tribunal.

Publicada o

- Advertisement -

A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a dous anos de cárcere a un home que incendiou o edificio no que residía en Foz despois de que o seu caseiro e propietario do inmoble, quen tamén vivía nel xunto á súa familia, lle enviara unha carta certificada reclamándolle o pago dunha serie de rendas debidas e apercibíndoo cun desafiuzamento en caso de falta de pagamento.

O tribunal considerouno autor dun delito de incendio e tivo en conta as atenuantes de reparación do dano e de actuar baixo a influencia de bebidas alcohólicas. Os maxistrados indican na sentenza que o procesado prendeu lume á roupa de cama da súa habitación “movido polo ánimo de vinganza cara ao seu caseiro e consciente de que había máis persoas no edificio”.

Tras iso, abandonou o inmoble e marchou “á terraza do bar situado xusto enfronte” e tomou “tranquilamente unha cervexa” mentres os seus veciños baixaban das súas casas ao cheirar o fume e chamaban ao 112. A reparación dos danos causados no edificio ascendeu a 9.901 euros, cantidade que abonou o condenado antes do xuízo.
O tribunal entende que o día dos feitos o sospeitoso atopábase en estado de embriaguez.

ÚLTIMAS

Retrasarase a ampliación da balsa de lodos de Alcoa?

O comité de Alcoa informa de que "faltan algunhas aprobacións" da Xunta para a luz verde á ampliación...

O Concello de Viveiro leva aos institutos as actividades do 25N

A programación do Concello de Viveiro con motivo do 25N, o Día Internacional da...

Burela informará o venres á hostalaría local sobre o a implantación do contedor marrón

O Concello de Burela está a preparar a implantación do contedor marrón de...

O Concello de Burela tratará no pleno ordinario a aprobación dunha nova ordenanza de tráfico

O Concello de Burela celebra mañá, xoves día 30 de novembro, un novo pleno...