InicioCentralFozFoz completa o asfaltado de camiños nas parroquias de Cangas, Nois e...

Foz completa o asfaltado de camiños nas parroquias de Cangas, Nois e Vilaronte

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Foz remata obras de asfaltado de camiños nas parroquias de Cangas, Nois e Vilaronte por un importe de case 22.000 euros, dentro do plan municipal denominado Conecta Rural.

O alcalde, Fran Cajoto, anunciou hoxe, martes, que “o Concello de Foz, dentro do plan Conecta Rural, vén de asfaltar con fondos propios distintos camiños de titularidade municipal. Procedeuse á limpeza de marxes, perfilado dos camiños existentes, extensión dunha capa de pedra macadam onde era necesario e un dobre rego asfáltico, por un importe de case 22.000 euros”.

O rexedor municipal explicou: “trátase de camiños que estaban en zahorra ou terra e que dan acceso a vivendas habitadas. Pouco a pouco vamos completando o afirmado neses viais públicos que non estaban asfaltados, como ocorría no barrio de Brea, en Nois, algo inconcibible no ano 2021. Temos aínda incluso algúns exemplos no casco urbano de Foz e imos seguir traballando para que todos os veciños teñan un acceso digno á súa vivenda”.

Os viais asfaltados neste contrato están situados na parroquia de Cangas (camiño do Muíño, en Alemparte), Nois (entre Cabanas e Demoroi e en Trasmonte) e en Vilaronte (zonas de Escanlar, Mañente e A Espiñeira).

Fran Cajoto destaca que “o plan Conecta Rural persigue achegar ás zonas rurais os servizos que se dan na vila. Ademais da preparación de camiños e viais é de salientar a extensión de fibra de alta velocidade no concello, que se estendeu por tódalas parroquias durante este ano 2021 e que permite traballar con internet desde a gran maioría do territorio”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...