InicioCentralFozFoz promoverá que seu Entroido sexa distinguido como Festa de Interese Turístico...

Foz promoverá que seu Entroido sexa distinguido como Festa de Interese Turístico Galego

Dende a asociación O Noso Foz, que organiza tamén o Entroido, o seu presidente, Ángel Fernández Neira, quere recordar que “isto sería un recoñecemento a todos aqueles que ao comezo saíron á rúa con medo, debido á ditadura e ás posibles represalias".

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Foz levará a aprobación ao próximo pleno da corporación municipal, que se celebrará o 3 de febreiro, a presentación do expediente para a declaración do Entroido focense como Festa de Interese Turístico Galego.

O alcalde, Fran Cajoto, explica que “o Entroido da Mariña por antonomasia é o de Foz. Este ano cumprirá a 40 edición do seu desfile (despois do obrigado confinamento e aposta polos medios electrónicos na anterior edición), mais o arraigamento e a existencia da vea carnavaleira en Foz é moito anterior”.

Dende o departamento municipal de Cultura esperan “que a corporación se una para buscar da man o recoñecemento a un evento que fortalece a Foz e une a moitos lugares da Mariña que acoden e comparten a ilusión de sacar un sorriso ao mundo cos seus múltiples traxes, cores e vitalidade”, apunta a concelleira de Cultura, Inés López Couto.

Dende a asociación O Noso Foz, que organiza tamén o Entroido, o seu presidente, Ángel Fernández Neira, quere recordar que “isto sería un recoñecemento a todos aqueles que ao comezo saíron á rúa con medo, debido á ditadura e ás posibles represalias, e tamén para todos aqueles que colleron o guante e continuaron traballando para que o Entroido medrara e chegara a ser o que é hoxe en día”.

O rexedor municipal destaca que “todo isto non sería posible sen o traballo dos técnicos municipais que levan moito tempo buscando información, contactando con grupos, persoas relacionadas coas diversas organizacións do evento ao longo dos anos así como a prensa e outros moitos colaboradores, sobre todo veciños, que aportaron o seu gran de área en forma de datos, fotos ou recortes. O traballo de recompilación e redacción da Técnico de Cultura, Pilar López, debe ser recoñecido e este proxecto non sería posible sen o seu esforzo; o do cronista oficial de Foz, Xoán Ramón Fernández Pacios; a auxiliar de Cultura e tantos outros colaboradores habituais”.

Fran Cajoto explica que “se a proposta se aproba a documentación será remitida integramente á Xunta de Galicia, que será o órgano encargado de outorgar ou denegar este recoñecemento ás veciñas e veciños de Foz, que finalmente son os encargados de facer esta festividade tan importante na Mariña e na que acollen cos brazos abertos a grupos de toda a comarca así coma da veciña Asturias. O Entroido é Foz: este ano máis ca nunca e con todas as cautelas estamos a organizar os distintos eventos, como a comida do carnaval e o desfile, coa colaboración e a achega das nosas comparsas e grupos, que son un exemplo de unión. Aquí non se pregunta de que equipo de fútbol es senón a que grupo pertences: o carnaval fai pobo”.

“Dende o Concello queremos agradecer á todas as comparsas, grupos, carrozas, individuais, charangas e demais participantes no desfile o seu traballo e implicación para o crecemento do noso Entroido. Agradecer tamén a todos aqueles colaboradores habituais na recompilación de información e fotos, que son a veciñanza de Foz, así coma todos os visitantes neses días e a todas as persoas que desfrutan do Entroido focego. Sen todos eles isto non sería o que é. Isto é Foz e aquí hai Carnaval!!”, finaliza a edil de Cultura.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...