InicioEconomíaO alcalde de Foz reivindica que a fábrica de Altri se sitúe...

O alcalde de Foz reivindica que a fábrica de Altri se sitúe na Mariña

Á vista da alta presenza de eucaliptais na zona, Fran Cajoto destaca que "non ten sentido levar a fábrica a unha zona afastada do foco de produción, porque é unha fibra téxtil que vén da celulosa que parte do eucalipto".

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Foz e presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, o socialista Fran Cajoto, volveu reclamar este mércores que Altri, multinacional portuguesa do sector da pasta de papel, leve unha das súas fábricas á Mariña lucense. Cajoto volveu “reiterar” a petición dunha entrevista coa Xunta de Galicia, “unha reunión construtiva onde todos os alcaldes da Mariña” aspiran a “superar os problemas para que Altri se instale aquí”.

“Vemos como de forma reiterada se tenta apostar porque veña para a provincia de Lugo, pero non se especifica a comarca da Mariña que é precisamente a zona da provincia de Lugo onde está o eucalipto, onde está a materia prima”, incidiu.

Á vista desa alta presenza de eucaliptais na Mariña, o alcalde de Foz destacou que “non ten sentido levalo a unha zona afastada do foco de produción, porque é unha fibra téxtil que vén da celulosa que parte do eucalipto“. “Queremos esa reunión e superar os problemas para que se instale a factoría e non se bote balóns fóra”, insistiu.

Apremou a que esa reunión con representantes do goberno galego se celebre “canto antes”, puntualizando, a continuación, que xa se lle expuxo ao propio presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo.

PARTICIPANTES NA REUNIÓN

No entanto Fran Cajoto indicou que o vicepresidente económico, Francisco Conde, “sería unha persoa válida para dirixir unha reunión na que participen todos eses actores implicados nese consorcio Impulsa Galicia que traballa con fondos Next Generation”.

Ademais quere que participe, “á parte do conselleiro, persoal do Igape, da factoría e calquera outro enxeñeiro que designe a Xunta para ver problemas como o abastecemento de auga ou problemas urbanísticos”. Non en balde, subliñou que dita factoría “podería crear máis de 1500 postos de traballo, segundo indica a Xunta, e que vaia á Mariña, que é onde se produce eucalipto”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...