InicioCentralFozAugas de Galicia e Foz acordan o proceso de captación de augas...

Augas de Galicia e Foz acordan o proceso de captación de augas para lugares de Nois

O Concello de Foz interesouse polo avance na tramitación dos expedientes para a legalización das captacións de auga.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Foz recibe o compromiso de Augas de Galicia de axilizar a legalización das captacións de Cordido e Trasmonte (Nois) e a ampliación da concesión no río Ouro.

Representantes do Concello de Foz mantiveron unha xuntanza de traballo esta mañá en Santiago con Augas de Galicia, reunión na que estiveron presentes o alcalde, Fran Cajoto; o tenente de alcalde, Francisco Fanego; a directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez; e técnicos do Concello e do organismo autonómico.

O Concello de Foz interesouse polo avance na tramitación dos expedientes para a legalización das captacións de auga. Tratouse a problemática existente para a legalización da captación de Cordido, respecto á cal o Concello de Foz presentou unha nova proposta ao ente autonómico que resolvería os condicionantes de Augas de Galicia e que vai remitir por rexistro este mesmo venres.

Respecto á captación de Trasmonte, na parroquia de Nois, e á ampliación de caudal na captación principal do río Ouro, Augas de Galicia comprometeuse a axilizar os expedientes para contar coa aprobación á maior brevidade, que estimaron en algo máis de dous meses.

O alcalde de Foz manifestou: “teño que agradecer á directora de Augas de Galicia a súa atención. É prioritario para o concello de Foz contar coa legalización de todas as captacións e coa ampliación de caudal no abastecemento do río Ouro, non só para que veciñas e veciños teñan todas as garantías senón tamén para desbloquear un Plan Xeral que naceu coxo e que agora mesmo imposibilita a edificación de novas vivendas en Cordido ou o desenvolvemento do solo urbanizable no parque empresarial de Fazouro”.

Respecto á central hidroeléctrica reversible Xistral, que conta con informe negativo de Augas de Galicia, a directora tranquilizou aos representantes municipais no sentido de que a captación municipal ou o caudal ecolóxico do río non se ía ver afectado en “ningunha das maneiras”.

Fran Cajoto explicou tamén que “outro dos puntos a tratar foi a nova depuradora, respecto á cal o Concello de Foz está a facer os seus deberes levando ao pleno de hoxe, xoves, a expropiación dos terreos necesarios. Hoxe remata tamén o período de ofertas dos licitantes do proxecto e obra. Reiteramos de novo a nosa petición de formar parte da supervisión na redacción do proxecto construtivo, para conseguir que as distintas infraestruturas que formarán parte da depuradora funcionen correctamente e sexan sinxelas de manter. O noso obxectivo é tamén que o novo sistema de depuración prexudique o mínimo posible a veciñas e veciños de Forxán”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...