InicioCentralFozDeclaración institucional do Concello de Foz en condena da agresión rusa a...

Declaración institucional do Concello de Foz en condena da agresión rusa a Ucrania

Tras a agresión e a invasión militar que está a sufrir Ucraína desde o 24 de febreiro por parte da Federación Rusa, o Concello de Foz quere facer súa a Declaración Institucional da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).

Publicada o

- Advertisement -

No pleno da corporación municipal de Foz celebrado na tarde noite de onte aprobouse por unanimidade unha declaración institucional condenando a agresión da Federación Rusa a Ucraína.

O texto aprobado é o seguinte:

Tras a agresión e a invasión militar que está a sufrir Ucraína desde o 24 de febreiro por parte da Federación Rusa, o Concello de Foz quere facer súa a Declaración Institucional da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP):

1. Condenamos enérxica e rotundamente os ataques perpetrados en diversas cidades ucraínas, así como o despregue militar desencadeado polo goberno ruso e todas as consecuencias del derivadas. Instamos, en consecuencia, aliñados coa comunidade internacional, ao cese inmediato da agresión e á retirada dos efectivos militares rusos despregados en Ucraína.

2. Apoiamos firmemente ao pobo de Ucraína ao que trasladamos toda a nosa solidariedade e afecto. Facemos extensivo este apoio aos máis de 112.034 ucraínos que residen no noso Estado e que dende hai anos son os nosos veciños e veciñas.

3. Sumámonos a todas as iniciativas encamiñadas á restitución do dereito internacional vulnerado unilateralmente, así como á súa defensa e fortalecemento como elemento central da orde mundial acordado polos principais organismos europeos e internacionais.

4. Apoiamos, sen ningún xénero de dúbida, calquera acción encamiñada ao restablecemento da paz e á convivencia democrática, e ao respecto á legalidade e aos dereitos humanos.

5. Poñémonos á disposición do Goberno de España, con todos os nosos medios, para colaborar en calquera tipo de actuación humanitaria e na acollida de cidadáns da Ucraína que están abandonando o seu país.

ÚLTIMAS

O Concello de Viveiro sinala que non ten previsto retirar axudas a clubes deportivos

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, aclara que o concello non ten en ningún...

Ribadeo prepara varias actividades para o Nadal que estarán en diferentes localizacións

A programación de Nadal de Ribadeo arrincará este venres, 1 de decembro, co acendido...

En prisión provisional o veciño de Burela que acoitelou a outro home o venres

O home acusado de ferir con arma branca a outro home no municipio de...

Viveiro entregará a Medalla de Ouro da Cidade á Confraría de Pescadores de Celeiro

O Concello de Viveiro entregará a medalla de Ouro da Moi Noble e Moi...