InicioCentralFozConcentracións e pezas teatrais en Foz para conmemorar o 8M

Concentracións e pezas teatrais en Foz para conmemorar o 8M

O martes 8 de marzo, Día da Muller, de 10:00 a 13:30 horas haberá puntos de información e realización de actividades de sensibilización e igualdade na praza do Concello e na Conde de Fontao, na Glorieta de Vilalba e no parque Martínez Otero.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Foz conmemora o Día da Muller cunha concentración, o 8 de marzo, e dúas representacións teatrais, que serán os días 9 e 17 deste mes. Tamén haberá unha exposición con photocall de debuxos denunciando o maltrato cara as mulleres, realizados por alumnado do IES de Foz. O programa foi presentado hoxe, venres, polas concelleiras de Muller, Ana Rojo, e de Cultura, Inés López.

O martes 8 de marzo, Día da Muller, de 10:00 a 13:30 horas haberá puntos de información e realización de actividades de sensibilización e igualdade na praza do Concello e na Conde de Fontao, na Glorieta de Vilalba e no parque Martínez Otero. E ás 19:00 horas na Praza do Concello terá lugar a concentración con lectura dun manifesto e de textos de autoras galegas por parte do alumnado do IES de Foz ademais da solta de globos lilas.

E as representacións teatrais dos días 9 e 17 deste mes serán na Sala Bahía ás 20:30 horas. O mércores 9 a compañía Apatacón ofrecerá a obra Por unha peseta e o xoves 17 A Panadaría escenificará As que limpan.

A concelleira de Muller e Igualdade anunciou: “aproximándose a data do Día Internacional da Muller, conmemoramos este 8M cun programa de actividades e contido temático dedicado ás mulleres, aproveitando para sensibilizar, impulsa e insistir nas reivindicacións pola igualdade entre mulleres e homes dado que as mulleres seguen sendo discriminadas en moitos ámbitos da súa vida. Tanto o Concello coma o pobo de Foz rexeitamos esa fenda de desigualdade laboral, salarial e dixital. Hai que rachar ese teito de cristal, barreira invisible, que impide ás mulleres progresar laboralmente e acadar as mesmas posicións que os homes en postos de poder, soportando moitas veces a sobrecarga nos coidados da familia e a conciliación da vida laboral, alargando en demasía as xornadas de traballo, o que lles impide progresar nas súas carreiras profesionais”.

Ana Rojo engade que “por todo isto o Concello de Foz, a través da Delegación de Muller e Igualdade, conmemora o día 8 de marzo, na defensa e apoio dos dereitos da muller, cun programa con temática dedicada ás mulleres, sensibilizando e promovendo a igualdade de xénero, de trato e de respecto entre mulleres e homes”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...