InicioCentralFozO XIV Campionato de Baristas reúne en Foz catorce escolas de hostalaría

O XIV Campionato de Baristas reúne en Foz catorce escolas de hostalaría

O alcalde de Foz manifestou, Fran Cajoto, declarou: “para nós é sempre un orgullo poñer en valor estes grandes profesionais da hostalería que están saíndo do IES de Foz. E estes campionatos tamén serven para que a xente recoñeza que debemos contar con grandes profesionais en todos os sectores".

Publicada o

- Advertisement -

Catorce escolas de hostalería de Galicia, Asturias, País Vasco e Castela e León participarán no XIV campionato de baristas organizado polo IES de Foz, que se celebra este xoves e venres. Foi presentado hoxe, luns, no salón de actos do centro polo delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias; a xefa territorial da Consellería de Educación, Marina Gueimunde; o alcalde de Foz, Fran Cajoto; e o director do IES focense, Nicolás Asensio. No acto participou tamén o director do CIFP Porta da Auga, de Ribadeo, Isidro Berdeal, xa que se aproveitou a presentación para inaugurar a food truck do IES de Foz, vehículo que foi acondicionado coa colaboración do centro de formación profesional ribadense.

O delegado da Xunta destacou que “é unha mostra do gran traballo que se fai a través dos centros, por parte dos profesores e dos alumnos e da aposta pola FP que fai a Xunta de Galicia”.

O alcalde de Foz manifestou: “para nós é sempre un orgullo poñer en valor estes grandes profesionais da hostalería que están saíndo do IES de Foz. E estes campionatos tamén serven para que a xente recoñeza que debemos contar con grandes profesionais en todos os sectores e animar a todo aquel que queira traballar en hostalería a que veña formarse porque hai grandísimos mestres neste centro. Precisamente nunha comarca tan eminentemente turística como A Mariña temos que apostar por que o sector cada vez se especialice máis”.

O director do IES de Foz explicou que “este campeonato nos abre una ventana a la normalidad, después de una situación que ha sido dura durante estos años. Lo importante del campeonato, siempre lo es pero este año quizás más, son los alumnos y las alumnas que van a participar y los que están colaborando junto con el departamento en montar todo esto, que da muchísimo trabajo. Los representantes del IES de Foz en esta ocasión son Sergio Bartomeu Casabella -un alumno de 2º del Ciclo Medio de Servizos- y Gutiérres Lima Nascimiento, que es un alumno de 3º del Ciclo Dual Doble Titulación en Dirección de Cocina y Dirección de Servicios. Agradecerles las horas que le han echado y las ganas que tienen y desearles, sin pretender favoritismos, que les vaya muy bien”. Nicolás Asensio tamén agradeceu a colaboración das administracións e dos medios de comunicación.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...