InicioCentralFozMesa de traballo no IES de Foz para a creación dun ciclo...

Mesa de traballo no IES de Foz para a creación dun ciclo formativo dual sobre turismo

O director do IES de Foz, Nicolás Asensio, sinala que “a FP Dual é unha modalidade de formación profesional que ten como finalidade a cualificación das persoas nun réxime de alternancia da actividade laboral nunha empresa coa actividade formativa nun centro educativo".

Publicada o

- Advertisement -

O IES de Foz empeza este venres, día 25, unha mesa de traballo cos representantes dos concellos da Mariña para elaborar a oferta formativa do vindeiro curso, dentro da cal podería incluírse un ciclo dual sobre turismo.

O director do IES de Foz, Nicolás Asensio, explica que “A Mariña é unha potencia no sector turístico, en auxe, que precisa de profesionais que capitalicen proxectos turísticos tanto de dinamización como de desenvolvemento e guía. Froito da colaboración entre administracións, vaise analizar a posible implantación dun ciclo formativo de grao superior de Guía, información e asistencia turística, en modalidade dual. Nestas reunións participarán alcaldes e alcaldesas, concelleiros e concelleiras de Turismo e equipos técnicos de Turismo xunto con representantes do IES de Foz. Este venres ás 10:00 horas será a primeira das reunións no propio instituto e seguirán a vindeira semana en Ribadeo e Viveiro”.

Nicolas Asensio engade que “a FP Dual é unha modalidade de formación profesional que ten como finalidade a cualificación das persoas nun réxime de alternancia da actividade laboral nunha empresa coa actividade formativa nun centro educativo, o que supón a remuneración do alumnado e unha maior facilidade para a inserción no mercado laboral e a adquisición dunha titulación de FP simultaneamente á integración nos procesos productivos da empresa”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...