InicioCentralFozA concelleira de Facenda de Foz di verse "na obriga de responder"...

A concelleira de Facenda de Foz di verse “na obriga de responder” de novo ao voceiro do PP

"De novo o señor Castiñeira xoga ao engano nunha nota de prensa repetida que non basea en feitos senón en descualificacións e suposicións", sinala López Couto.

Publicada o

- Advertisement -

A concelleira de Facenda en Foz, Inés López Couto, manifesta que se ve na obriga de volver responder ao voceiro do Partido Popular porque “non entende o que non quere entender. De novo o señor Castiñeira xoga ao engano nunha nota de prensa repetida que non basea en feitos senón en descualificacións e suposicións. Estamos para traballar, non para perder o tempo en debates baleiros”.

Inés López explica que “o señor Castiñeira pretende culpar ao actual goberno do seu desgoberno de oito anos. No exercicio 2014 a concesionaria do servizo de abastecemento denunciou ao Concello e este aprobou en pleno ás súas esixencias. O contrato de concesión caducou no 2017 e ata o 2018 non se comezaron a facer trámites para a nova concesión, o cal, e xa sabendo dos problemas existentes en torno a este contrato dende o 2014 e incluso dende antes, non fala precisamente de anticipación. O contrato deixouse caducar, os trámites comezáronse tarde e no 2019 non foi capaz de chegar a un acordo para aprobar este prego. Igual tamén por falta de valentía na explicación deste prego, se era en realidade tan vantaxoso, e o prego quedou sobre a mesa.”

A edil de Facenda engade: “continuouse a traballar neste expediente e afondando nel cos técnicos atopáronse múltiples deficiencias, ademais de valorar novas variables coma a existencia da nova depuradora, que non se tivo en conta no anterior prego. En ningún caso se vai esperar a que exista unha nova depuradora senón que se pretende anticipar as necesidades, xa que antes non se fixo, tendo en conta a enorme complexidade dun expediente deste tipo. O Concello debe pagar ano a ano, o que de todos modos xa debería pagar, so que de forma máis ordenada, polo que vamos a traballar para que se corrixa o máis rápido que poidamos.”

“Solucionar en dous anos e medio os problemas xerados durante oito é difícil, máis seguiremos traballando coa maior das constancias e sentido común para tentar avanzar no que non se fixo antes” finaliza a concelleira.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...