O banco da Cornería, en Foz, “o mellor do mundo”?

"Estamos a porllo difícil ao de Loiba", chancea o rexedor Fran Cajoto.

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, visita o banco del monte Cornería cos edís Chema Linares e Javier Fraga / Concello de Foz

Está o “mellor banco do mundo” en Foz?. O alcalde, Fran Cajoto, pensa que si e mesmo se atreveu a chancear, en referencia ao considerado “mellor banco do mundo”, situado no municipio de Ortigueira: “Estamos a porllo ben difícil a Loiba, xa que o banco do monte Cornería está a un nivel superior”.

Referíase o rexedor ao banco que o concello acaba de chantar na Cornería, nun fermoso miradoiro natural, “punto central dunha das fermosas rutas de sendeirismo coas que conta o municipio”. “Desde o banco do monte Cornería podemos divisar a ría de Foz e o curso final do Masma, co mar Cantábrico abrazando a vila de Foz e Vilaronte aos nosos pés”, destacou.

O rexedor avanzou que con esta actuación inaugurou a Ruta dos Miradoiros: ao de Cornería hai que sumar o da Frouseira, así como o xa anunciado no Pico do Castro -onde están situadas as letras de Foz- e que se construirá dentro das obras de urbanización que están en marcha. “Haberá máis sorpresas, que iremos descubrindo. En Foz hai paisaxes marabillosas que queremos pór en valor”, sinalou.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here