InicioCentralFozA XVIII Ruta das Tapas de Foz comeza este xoves con dez...

A XVIII Ruta das Tapas de Foz comeza este xoves con dez locais que ofrecerán as súas creacións

Este mércores dá comezo unha nova edición do Comercio na Rúa, que tamén organiza AciaFozCCA. Trinta establecementos ofrecerán descontos especiais durante este mércores, mañá xoves e o sábado, 16 de abril.

Publicada o

- Advertisement -

A XVIII Ruta de Tapas de Foz comeza este vindeiro xoves e está organizada por AciaFozCCA. A Ruta prolongarase atéo sábado 16 de abril. Dez locais hostaleiros ofrecerán as súas creacións en miniatura en horario de mediodía e noite, de 13 a 15 horas e de 20 a 23 horas. O prezo da tapa será de 2 euros.

Os participantes na cita gastronómica desta Semana Santa son Anduriña, A Rambla-Pachán, Augas Santas, Dandy, Espacio Machete, Happy Days, Namarinos, O Pelolo, O Tangarte e Xoyma.

Anduriña servirá piruleta de tenreira galega en tempura sobre queixo de San Simón e redución de viño Mencía; na Rambla-Pachán poderase saborear salpicón de pescada; en Augas Santas albóndega de tenreira á cervexa negra con boniato; en Dandy hojaldre de carrilleira; en Espacio Machete poderase degustar brioche 2.2; en Happy Days pemento recheo de bacallao; en Namarinos niño de bacallau con guacamole e crocante de cebola; no Pelolo ovo de paspallás a baixa temperatura con escuma de pataca, faragullas e boleto; no Tangarte servirán bacallau con bechamel e cebola caramelizada e en Xoyma maristojo de marisco en trampantojo.

COMERCIO NA RÚA DESDE ESTE MÉRCORES

Este mércores dá comezo unha nova edición do Comercio na Rúa, que tamén organiza AciaFozCCA. Trinta establecementos ofrecerán descontos especiais durante este mércores, mañá xoves e o sábado, 16 de abril.

No Comercio na Rúa participan 5 Lobiños, Alain Afflelou, Arrullos, Briz Peluquería, Calzados Pirde, Cenor Belianorte, Chinela Nenos, Chuvia, Chuvia Complementos, Decoraciones Pura, Don Zapato, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hola Ola, Isla, Librería A Rapadoira, Librería Bahía, Longarela, Lourdes Moda Íntima, María Docampo, N1 Zapatillas, Ofifoz, Sensación Surf, Sueños, Unique 2, Vas’s, Vas’s Outlet, Xanela Complementos e Xoguetería Bahía.

O Comercio na Rúa desenvólvese o mércores, o xoves e o sábado. En caso de mal tempo as promocións ofreceranse no interior dos locais. José Carlos Paleo, o presidente de AciaFozCCA subliña que “o día de Xoves Santo o noso comercio abrirá tanto pola mañá como pola tarde para facilitarlle as compras á súa clientela e para que aproveiten as promocións que atoparán durante o Comercio na Rúa”. E anima “a achegarse estes días a Foz a saborear as tapas elaboradas pola nosa hostalería, a pasear polas nosas rúas e a mercar no noso comercio, no que atoparán promocións e descontos especiais estes días”.

AciaFozCCA conta coa colaboración do Concello de Foz e da Xunta de Galicia para a organización da XVIII Ruta das Tapas e da nova edición do Comercio na Rúa.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...