InicioCentralFozEstréase o Parque Infantil de Paseo de Colón en Foz despois das...

Estréase o Parque Infantil de Paseo de Colón en Foz despois das obras de reforma

O alcalde, Fran Cajoto, manifestou que "en poucas semanas comezarán os traballos de construción do novo parque de Uxío Novoneira".

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Foz procedeu á reapertura do parque infantil de Paseo de Colón, fronte á praia da Rapadoira, tras unha profunda reforma na que se renovou completamente o chan e todos os xogos infantís.

O alcalde, Fran Cajoto, manifesta: “só esperamos que pequechas e pequechos o disfruten. Era moi necesaria unha renovación completa dun dos parques infantís máis utilizados en Foz, fronte á Rapadoira, unha zona privilexiada. Cun orzamento de licitación de máis de 22.300 euros, o parque do Paseo de Colón renovouse completamente: substituíuse o antigo chan de losetas de caucho por un solo continuo acabado en encapsulado, colocáronse novos xogos -estrutura de tobogán e escalada, columpio mixto con asento e portabebés e dúas figuras de muelle- e restaurouse e adaptouse á normativa o valado perimetral”.

O concelleiro de Turismo, Chema Linares, destaca que o parque é moi usado por focegos e visitantes porque “permite que as nenas e nenos xoguen mentres os maiores poden desfrutan das terrazas e da gastronomía local, de gran calidade. Isto é outra forma de apoiar ao noso sector de hostalería”.

Ademais o alcalde anuncia que “en poucas semanas comezarán os traballos de construción do novo parque de Uxío Novoneira, unha vez xa se retirou o antigo mobiliario que se atopaba nun estado pésimo. Será un parque no que ademais dos cativos poderán desfrutar os grandes, xa que está previsto conformar dúas pistas de petanca”.

Fran Cajoto remata animando a estrear o parque da Rapadoira e “coidalo entre todos”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...