A asociación cultural A pomba do arco organiza semana a VI edición das xornadas Sentirmos a Arte. Segundo sinalou o directivo da entidade e artista plástico Daniel Río “Caxigueiro”: “o obxectivo desta actividade que se celebrarán entre o 25 e o 29 de abril no salón de actos da Casa da Cultura de Foz é achegar diferentes expresións da creación artística ao conxunto dos veciños da comarca no marco do mes da arte organizado polo colectivo Tá que ao longo de todo o mes desenvolverá diferentes actuacións na Mariña de divulgación da actividade artística”. Na mesma liña Caxigueiro expresou o “convencemento da asociación respecto da consolidación dunha actividade que deu aberto un espazo para o dialogo sobre a arte grazas a resposta da veciñanza da zona a quen queremos convidar a que participen da mesma”.
O QUE TRASCENDE Á MIRADA DE IGNACIO CASTRO
O luns 25 de abril ás 20.30 no salón de actos da Casa da Cultura de Foz arrancan as xornadas coa palestra ” O que transcende á mirada” de Ignacio Castro. Castro, veciño de Lourenzá, significase como fotógrafo cunha ampla obra neste ámbito, onde destaca a súa colaboración con diversos proxectos literarios
O MURAL CERÁMICO DE SABELA ARIAS
O martes 26 de abril ás 20.30 o salón de actos da Casa da Cultura de Foz acollerá a segunda das palestras. Nesta ocasión tócalle a quenda a artista plástica, Sabela Arias, cun relatorio titulado “Falando do cotiá”. Arias é pintora e ilustradora gráfica, mantendo unha banda de humor en diversos medios de prensa galegos.
UN PROXECTO DE VIDA? DE MAURO LEIVAS
O mércores 27 de abril ás 20:30 terá lugar na Casa da Cultura de Foz a terceira das sesións de debate. O protagonista neste día será o pintor mindoniense, Mauro Leivas. Leivas autor dunha ampla obra pictórica que o ten convertido nun dos artistas plásticos máis coñecidos da Mariña disertará sobre a súa arte, baixo unha palestra titulado “Un proxecto de vida?”
ATREZZO.TERRITORIO. CRISTIAN VILLAMIDE
O xoves 28 de abril ás 20:30 terá lugar na casa da Cultura a clausura desta VI edición das xornadas Sentirmos a arte cunha palestra a cargo de Cristián Villamide. Villamide, nado en Lugo en 1966 é un artista multidisciplinar, con traballos no ámbito da escultura, da fotografía, da pintura e das instalacións. A súa palestra vai xirar sobre a relación entre o atrezzo e o territorio.