InicioCentralFozAs xornadas 'Sentirmos a Arte' achegarán esta semana creacións de artistas mariñaos...

As xornadas ‘Sentirmos a Arte’ achegarán esta semana creacións de artistas mariñaos na Casa da Cultura de Foz

O directivo da mostra e artista plástico Daniel Río, "Caxigueiro",expresou o "convencemento da asociación respecto da consolidación dunha actividade que deu aberto un espazo para o diálogo sobre a arte grazas á resposta da veciñanza da zona a quen queremos convidar a que participen da mesma".

Publicada o

- Advertisement -

A asociación cultural A pomba do arco organiza semana a VI edición das xornadas Sentirmos a Arte. Segundo sinalou o directivo da entidade e artista plástico Daniel Río “Caxigueiro”: “o obxectivo desta actividade que se celebrarán entre o 25 e o 29 de abril no salón de actos da Casa da Cultura de Foz é achegar diferentes expresións da creación artística ao conxunto dos veciños da comarca no marco do mes da arte organizado polo colectivo Tá que ao longo de todo o mes desenvolverá diferentes actuacións na Mariña de divulgación da actividade artística”. Na mesma liña Caxigueiro expresou o “convencemento da asociación respecto da consolidación dunha actividade que deu aberto un espazo para o dialogo sobre a arte grazas a resposta da veciñanza da zona a quen queremos convidar a que participen da mesma”.

O QUE TRASCENDE Á MIRADA DE IGNACIO CASTRO

O luns 25 de abril ás 20.30 no salón de actos da Casa da Cultura de Foz arrancan as xornadas coa palestra ” O que transcende á mirada” de Ignacio Castro. Castro, veciño de Lourenzá, significase como fotógrafo cunha ampla obra neste ámbito, onde destaca a súa colaboración con diversos proxectos literarios

O MURAL CERÁMICO DE SABELA ARIAS

O martes 26 de abril ás 20.30 o salón de actos da Casa da Cultura de Foz acollerá a segunda das palestras. Nesta ocasión tócalle a quenda a artista plástica, Sabela Arias, cun relatorio titulado “Falando do cotiá”. Arias é pintora e ilustradora gráfica, mantendo unha banda de humor en diversos medios de prensa galegos.

UN PROXECTO DE VIDA? DE MAURO LEIVAS

O mércores 27 de abril ás 20:30 terá lugar na Casa da Cultura de Foz a terceira das sesións de debate. O protagonista neste día será o pintor mindoniense, Mauro Leivas. Leivas autor dunha ampla obra pictórica que o ten convertido nun dos artistas plásticos máis coñecidos da Mariña disertará sobre a súa arte, baixo unha palestra titulado “Un proxecto de vida?”

ATREZZO.TERRITORIO. CRISTIAN VILLAMIDE

O xoves 28 de abril ás 20:30 terá lugar na casa da Cultura a clausura desta VI edición das xornadas Sentirmos a arte cunha palestra a cargo de Cristián Villamide. Villamide, nado en Lugo en 1966 é un artista multidisciplinar, con traballos no ámbito da escultura, da fotografía, da pintura e das instalacións. A súa palestra vai xirar sobre a relación entre o atrezzo e o territorio.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...