InicioCentralFozA campaña Céntimo Solidario organizada por ACIAFOZCCA e a delegación local de...

A campaña Céntimo Solidario organizada por ACIAFOZCCA e a delegación local de AECC comeza o 13 de maio

José Carlos Paleo agradece “o traballo realizado durante todo o ano pola delegación local da Asociación Española contra o Cancro. Desde o CCA tamén queremos unha vez máis colaborar e poñer o noso gran de area co Céntimo Solidario porque toda axuda, sexa a que sexa é importante”.

Publicada o

- Advertisement -

AciaFozCCA colaborará por quinto ano consecutivo coa delegación local da Asociación Española contra o Cancro, a través da campaña Céntimo solidario, que se desenvolverá do 13 ao 23 de maio.

Pilar García, representante da AECC en Foz, o presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, o concelleiro de Comercio, Chema Linares, e o alcalde de Foz, Fran Cajoto, foron os encargados de presentala. Nos establecementos participantes haberá situadas huchas para deixar os donativos que os seus clientes queiran depositar.

José Carlos Paleo agradece “o traballo realizado durante todo o ano pola delegación local da Asociación Española contra o Cancro. Desde o CCA tamén queremos unha vez máis colaborar e poñer o noso gran de area co Céntimo Solidario porque toda axuda, sexa a que sexa é importante”. O presidente de AciaFozCCA anima “á clientela dos negocios focenses a participar nesta campaña. A xente estivo a responder ben estes anos e agardamos que neste 2022 tamén aporte o seu gran de area”. O Concello de Foz colabora con AciaFozCCA nesta campaña, que foi presentada hoxe.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...