InicioCentralFozFoz arranxa a Rúa da Constitución substituído o firme de adoquín por...

Foz arranxa a Rúa da Constitución substituído o firme de adoquín por formigón de cor

Os traballos prolongaranse noutros 36 metros na rúa da Constitución, para reparar todos os tramos que están deteriorados.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Foz anuncia que onte, martes 9 de maio, remataron as obras de mellora na rúa da Constitución da vila focense entre rúa do Porto e Conde de Fontao.

Os traballos consistiron na demolición do firme existente de adoquíns prefabricados sobre cama de morteiro e na substitución por un formigón de color con fibras e mallazo. Foron realizados por persoal municipal e supervisados polo alcalde, Fran Cajoto, e o concelleiro Javier Fraga.

O rexedor municipal explica: “optamos polo firme de formigón debido á intensidade de tráfico neste tramo, que continúa pechado ata que o formigón adquira as resistencias necesarias: segundo indican os técnicos, o resultado dos ensaios que se van a realizar este venres, día 13, determinarán se o podemos abrir ao tráfico nesa xornada ou hai que agardar uns días máis. Era unha obra moi necesaria debido ao mal estado que presentaba o firme de adoquíns existente”.

Os traballos prolongaranse noutros 36 metros na rúa da Constitución, para reparar todos os tramos que están deteriorados. O alcalde pide “desculpas a veciñas e veciños polas molestias que están a causar as obras, que dificultan moito a circulación nesta parte da vila. Agardamos poder rematar canto antes para poder desfrutar dunha rúa da Constitución en bo estado”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...