InicioCentralFozFoz inicia as melloras do estacionamento situado no cemiterio local co apoio...

Foz inicia as melloras do estacionamento situado no cemiterio local co apoio da Deputación

O alcalde, Fran Cajoto, explica que “estes traballos parten dun convenio asinado o pasado mes entre Concello de Foz e Deputación para o arranxo dun espazo de estacionamento moi empregado polas veciñas e veciños”.

Publicada o

- Advertisement -

A Deputación de Lugo, a través da Área de Medio Rural, vén de aprobar a encarga a Tragsa para o aglomerado e pintado do estacionamento do cemiterio de Foz, na zona do Pico do Castro, e o arranxo e afirmado con zahorra do aparcadoiro do colexio público Fondo Nois.

O alcalde, Fran Cajoto, explica que “estes traballos parten dun convenio asinado o pasado mes entre Concello de Foz e Deputación para o arranxo dun espazo de estacionamento moi empregado polas veciñas e veciños” e mostra o seu agradecemento á Deputación de Lugo “unha vez máis polo esforzo inversor que está a facer en Foz. Esta obra, orzamentada en case 40.000 euros, dos que a Deputación aporta máis do 90 por cento, permite completar as actuacións que estamos a executar para a urbanización completa de Costa do Castro”.

Fran Cajoto destaca que “son pasos dentro dun plan global que tamén implica ao Ministerio de Transportes, que está a redactar o Proxecto de Construción do Terceiro Acceso. Coa urbanización da Costa do Castro estamos conectando Marzán con Foz cun camiño peonil seguro e permitindo que a xente que accede a pé ao cemiterio o faga sen riscos. Co acondicionamento do estacionamento dotaremos dun aparcadoiro cómodo a todos aqueles que se acheguen en vehículos privados ao cemiterio e ao novo miradoiro sobre a Ría de Foz e o Cantábrico”.

“Quero agradecer á Deputación de Lugo e neste caso á deputada de Medio Rural o apoio para poder adecuar os aparcadoiros. Sabemos que as obras son incómodas pero en Costa do Castro, onde se está procedendo á colocación dos bordillos das novas beirarrúas, xa se empeza a ver cal será o resultado final. Seguimos traballando”, remata o alcalde.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...