O sábado, 21 de maio a Delegación de Xuventude de Foz, coa colaboración da Academia Galega do Audiovisual e a Área de Cultura da Deputación de Lugo, proxecta ‘A poeta analfabeta’, documental nominado nos Premios Mestre Mateo.
‘A poeta analfabeta’ é o retrato dunha muller fascinante: Luz Fandiño, poeta, activista, feminista, nacionalista e revolucionaria. Aos seus 88 anos é unha das voces vivas da emigración galega, da que voltou pobre pero cunha fonda consciencia da súa identidade, a súa lingua e o seu xénero. Luz é testimonio vivo das realidades máis duras so século XX. Por ser muller, por ser emigrante, por ser pobre, por ser roja.
A concelleira de Xuventude, Gema Méndez Leivas, anima a todas as persoas a reservar xa a súa entrada para esta terceira proxección do Ciclo Mestre Mateo, a través do correo electrónico xuventude@concellodefoz.es ou do teléfono 982133037.
Tamén poden enviar mensaxe directo a través das redes sociais do Concello: Facebook, Twitter e Instagram. O sábado 21 de maio, ás 18:30h, na Casa da Cultura, sesión do mellor cine galego, con ‘A poeta analfabeta’.