InicioCentralFozOPINIÓN: Un tango… e unha ilusión. Tres anos non son nada

OPINIÓN: Un tango… e unha ilusión. Tres anos non son nada

“Xa van tres anos!”, dixo alguén, que o lembrou de por si ou porque llo recordou o facebook. E tres anos non son nada -pensei eu- aínda que soe a tango.

Publicada o

- Advertisement -

Fran Cajoto, alcalde de Foz

Cando me levantei hoxe, como de costume ás sete e dez minutos, seguín a rutina habitual: ducha rápida, almorzo e pequena reunión cos obreiros municipais no porto para os traballos da xornada. Ás oito e vinte acostumo a tomar o café, solo e largo, co repaso da prensa do día. Resultou ser unha mañá calma e a luz desas horas xogaba coas poucas ondas que movían os barcos no peirao. Foz é fermoso, verdade absoluta e indiscutible. Como non é martes, senón xoves, non hai o movemento dos días de mercado. Hoxe é xoves, 26 de maio do ano 2022.

“Xa van tres anos!”, dixo alguén, que o lembrou de por si ou porque llo recordou o facebook. E tres anos non son nada -pensei eu- aínda que soe a tango. Dous días ben diferentes: nervios, présas, risos e incluso bágoas naquela xornada, aquel domingo de emocións, de ilusión, de eleccións, de hai tres anos; aínda o sinto na pel.

Hai que recoñecer a paciencia de todas e todos cuns novatos. Fomos facendo callo, peiteando algunhas canas e, por que non dicilo, sacando uns cantos proxectos adiante. Madrugando sen deitarnos cedo, traballando. A ilusión contáxiase cada vez que conseguimos algo: arranxar un parque ou unha fonte, asfaltar un camiño ou as ansiadas beirarrúas ao cemiterio de Foz.

“Cando te elixen será por algo”, falara un socialista. “O menos malo” -chanceara un amigo-. “A ver o que fas!”, dixera outro. “E pon xa dunha vez as rúas no seu sentido!”.

Puxemos as rúas, á vista está, no sentido correcto, no que decidiu a xente. E seguimos traballando para ser merecedores desa decisión, para sacar a reválida, para mellorar a nota como bos estudantes. Verémonos antes, pero por se acaso, de hoxe nun ano!!

 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...