InicioCentralFozA concelleira de Facenda de Foz sinala ao PP que os informes...

A concelleira de Facenda de Foz sinala ao PP que os informes dos orzamentos xa se están elaborando

Inés López Couto, critica que os populares presenten propostas de última hora que "non son máis que outra acción exclusivamente de cara á galería”.

Publicada o

- Advertisement -

A concelleira de Facenda, Inés López Couto critica que o PP presente as propostas cando xa se están elaborando os informes do orzamento municipal. “O alcalde trasladoulle ao Partido Popular na última Comisión de Contas que estábamos pendentes de finalizar os informes polos técnicos para levar o orzamento a pleno. Supoño que estas propostas de última hora non son máis que outra acción exclusivamente de cara á galería”, manifesta a edil de Facenda.

Inés López Couto engade que “todas as propostas para elaborar o orzamento son sempre ben recibidas, pero sorpréndennos tanto as formas como o fondo. Causaron estrañeza no equipo de goberno reclamacións tan heteroxéneas como unha partida para desenvolver o Plan de Mobilidade porque xa o estamos aplicando con obras como a renovación da rúa Limoeiros ou a urbanización completa de Costa do Castro, coas beirarrúas ao cemiterio. O Plan de Mobilidade é unha guía para que as obras de renovación necesarias se podan facer sen causar un caos circulatorio como o que provocara o Partido Popular dispoñendo Álvaro Cunqueiro e Avenida da Mariña no mesmo sentido de circulación. Creo que o Partido Popular debería ter máis claro o que significa un Plan de Mobilidade”.

A concelleira de Facenda explica que “tamén reclaman puntos wifi gratuítos no rural, cando acabamos de dotar aos locais sociais das parroquias de conexión de alta velocidade con fibra óptica e routers wifi, substituíndo ás antigas ADSL. No noso mandato estendeuse a fibra óptica polas parroquias, o que nos permitiu dotar de internet de calidade tamén no rural. Inclúen tamén na súa nota de prensa propostas que non teñen nada que ver co orzamento. Por exemplo acabamos de modificar a Relación de Postos de Traballo, que se aprobou en pleno. Tamén aprobamos -co voto favorable do Partido Popular- que unha vez finalizado o convenio, a xestión da residencia a exerza quen ten a titularidade da mesma, a Xunta de Galicia, como corresponde. Son cuestións que se trataron en pleno e que son alleas ao orzamento”.

“O que me parece absolutamente kafkiano é que o Partido Popular reclame a rebaixa do IBI, cando o PP o subiu un 12% acumulativo durante catro anos seguidos, máis dun 57%. Incluso no ano 2014 aplicou dúas subas incompatibles. E agora, cando o concello aumenta a partida de gastos pola suba dos custos eléctricos, combustibles, materiais e laborais, o PP solicita unha rebaixa do IBI. Pídolle seriedade ao señor Castiñeira, o Concello non é un xoguete”, manifesta Inés López Couto, quen engade: “seriedade e gañas de traballar polo Concello reclama o goberno. O alcalde, Fran Cajoto, pediulle ao señor Castiñeira colaboración para acudir xuntos á Xunta de Galicia e tratar de axilizar a legalización da traída de Cordido. O PXOM do 2018 segue bloqueado e os veciños da parroquia de Cordido non poden construír as súas vivendas, pero Castiñeira negouse. No ano 2010 a Xunta de Galicia aprobou o financiamento do PEPRI de Ribadeo e pedímoslle axuda ao Partido Popular de Foz para que reclame esa mesma axuda para o noso Concello, esperemos que a Xunta non nos considere inferiores a Ribadeo”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...