InicioCentralFozFoz rexenera e pon en valor a fonte de Cabanas-A Barrosa na...

Foz rexenera e pon en valor a fonte de Cabanas-A Barrosa na parroquia de Nois

A actuación completa consistiu na reparación do depósito de captación, disposición de 120 metros de tubaxe de polietileno desde a captación á fonte, pavimentación do camiño de acceso á fonte en formigón de cor verde, colocación dunha nova varanda de protección de madeira, pintado e adecentamento da propia fonte e a colocación dun novo banco.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Foz procedeu á rexeneración e posta en valor da fonte de Cabanas-A Barrosa, en Nois, un manantial natural moi empregado polas veciñas e veciños da zona.

O alcalde, Fran Cajoto, explica: “avisados polos veciños puidemos comprobar que a fonte deixara de surtir auga. Ao non ser posible a reparación da tubaxe existente procedemos ao tendido dunha nova canalización de polietileno desde a captación, situada a 120 metros aproximadamente da fonte. Unha reparación que se demorou ata obter a autorización preceptiva de Augas de Galicia, xa que era preciso para facer os traballos de rexeneración cruzar o Rego Nois coa nova tubaxe”.

A actuación completa consistiu na reparación do depósito de captación, disposición de 120 metros de tubaxe de polietileno desde a captación á fonte, pavimentación do camiño de acceso á fonte en formigón de cor verde, colocación dunha nova varanda de protección de madeira, pintado e adecentamento da propia fonte e a colocación dun novo banco.

“Gustaríanos que os traballos non se retrasaran tanto, pero o resultado é unha fonte renovada que debemos coidar entre todos”, indica o alcalde, quen destaca que toda a actuación se realizou con persoal propio do Concello. Esta é a segunda actuación do Plan de Conservación de Fontes Naturais despois do adecentamento e posta en valor da fonte de Ribela, en Cangas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...