O PSdeG-PSOE de Foz emitiu un comunicado de apoio ás declaracións do alcalde da localidade, Fran Cajoto, e considera que o voceiro do PP de Foz, Javier Castiñeira “vive instalado na mentira e no bulo”.
A nota dos socialistas focenses baséase en que “a Deputación de Lugo fai unha encomenda a Tragsa para o acondicionamento dos aparcadoiros do cemiterio e do colexio Fondo Nois, e que o voceiro do PP, Javier Jorge Castiñeira, pon un recurso xudicial para impugnar a adxudicación e que non se poidan executar ditas obras“, explica a secretaria de Organización do PSOE focense Maria Luisa Piñeira
Ante este feito, o alcalde de Foz, recrimina ao PP que boicotee no xulgado o arranxo de infraestruturas “en Foz e de que poña os intereses do Partido Popular por diante do que é beneficioso para a veciñanza de Foz”.
O PSdeG de Foz sinala que o voceiro do PP local, Javier Castiñeira, comezase tanto en prensa como en redes sociais “primeiro facer de vítima, dicindo que o Alcalde Cajoto ataca “o seu honor persoal”; e desde cando é un ataque persoal denunciar algo que é certo se o recurso xudicial esta interposto”. Na nota tamén se engade que se acusa ao alcalde de incumprir a lei ao contratar con Tragsa e recomendándolle que o contrate con outro medio e que o faga de forma legal, “cando a realidade é que é a Deputación a que adxudica esta obra e así o reflicte a acta da Xunta de Goberno Local da Deputación de Lugo do 29 de abril”.