InicioCentralFozIzado da bandeira azul na praia da Rapadoira en Foz e posta...

Izado da bandeira azul na praia da Rapadoira en Foz e posta en marcha do servizo de socorrismo

O edil de Turismo, Chema Linares, explica que “son 5 praias as que contan con este servizo de salvamento: Rapadoira, Llas, Peizás, Polas e Areoura. 10 socorristas cun coordinador máis 6 auxiliares de apoio e dous técnicos sanitarios vixiarán pola seguridade e a saúde nas praias de Foz".

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Foz puxo en marcha hoxe, venres, o servizo de salvamento nas praias e izou a bandeira azul no areal da Rapadoira, acto no que participaron os concelleiros Chema Linares e Javier Fraga.

O edil de Turismo, Chema Linares, explica que “son 5 praias as que contan con este servizo de salvamento: Rapadoira, Llas, Peizás, Polas e Areoura. 10 socorristas cun coordinador máis 6 auxiliares de apoio e dous técnicos sanitarios vixiarán pola seguridade e a saúde nas praias de Foz. Lamentamos non poden contar con máis persoal para este servizo pese aos esforzos realizados dende o Concello: ademais da drástica redución no financiamento de socorristas por parte da Xunta de Galicia, pasando dos 30 de antes a 6 agora, cada ano é máis difícil encontrar persoal adecuado para esta tarefa, froito dunha política errática da Xunta de Galicia, que non acaba de entender a problemática neste senso nin dar as solucións axeitadas porque os cursos para obter as capacidades necesarias para desenvolver estas tarefas son moi longos e custosos”.

Chema Linares comentou tamén que “ademais hoxe levantamos a bandeira azul na praia da Rapadoira, cumprindo un ano máis co compromiso deste goberno pese as dificultades sinaladas. Isto é froito dun traballo continuo ao longo do todo o ano por seguir os criterios de Adeac e ter as praias sempre en perfecto estado. Aparte da reparación dos danos que cada ano sofren as praias nas pasarelas, paseos, duchas, etcétera e da limpeza e desbroce dos accesos, tamén se traballou na accesibilidade e estase a renovar o material dos postos de socorro: mercáronse padiolas novas, biombos, armarios, quentadores de auga, material necesario para o traballo dos socorristas como prismáticos, megafonía, chifres, walkie talkies e de salvamento e sanitario diverso, nun esforzo en mellorar uns equipamentos moi deteriorados nestes anos. Estase ademais a mellorar os postos de socorro mediante una limpeza e arranxo dos mesmos, algo que en moitos anos non se fixera”.

Chema Linares remata felicitando “ao todo o persoal que vai traballar nas praias este verán, ao que desexamos que non teñan ningunha incidencia ao longo destes meses”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...