InicioCentralFozRenovación na comisión de festas O Noso Foz que presenta a programación...

Renovación na comisión de festas O Noso Foz que presenta a programación das festas do Carme

Ángel Fernández Neira, que continúa presidindo a asociación encargada de elaborar as programacións de festexos en estreita colaboración coa Concellería de Cultura municipal, manifesta: “estamos moi contentos de contar con máis xente implicada para colaborar coas festas de Foz, nunha vila coma esta na que é moi importante a unión e que ten un verán moi potente en canto a festexos”.

Publicada o

- Advertisement -

A comisión de festas O Noso Foz renóvase e presenta a programación dos festexos do Carme. A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “O Noso Foz renóvase. A comisión de festas de Foz estrea o verán coa incorporación de novos membros. Xente nova e ideas frescas para unha comisión que empeza este mes de xullo con forza coas Festas do Carme”.

Ángel Fernández Neira, que continúa presidindo a asociación encargada de elaborar as programacións de festexos en estreita colaboración coa Concellería de Cultura municipal, manifesta: “estamos moi contentos de contar con máis xente implicada para colaborar coas festas de Foz, nunha vila coma esta na que é moi importante a unión e que ten un verán moi potente en canto a festexos”. Entre as caras novas están Erea Ben e Fátima Novo, últimas incorporacións á comisión e á que se uniu anteriormente, coa volta do Carnaval, Estefanía Otero. Continúan o seu traballo Atilano Fernández e Jesús Pérez.

Inés López mostrase “moi feliz de que xente nova se una a este proxecto. A comisión organiza distintos eventos ao longo do ano, dende o Carnaval ata o Carme ou o San Lourenzo, e dende o Concello mantémonos en estreita colaboración con eles para todo. Son necesarias máis mulleres ao fronte de proxectos e que a voz da xente nova tamén se escoite.”

Aproveitando esta presentación lánzase o cartel da programación cultural do mes de xullo, na que se inclúen as Festas do Carme. Terán o seu inicio coa charla e exposición sobre os 40 anos de alfombras florais en Foz. Esta charla será a cargo de Antón Niñe e a exposición está formada por fotos da súa filmoteca persoal. Será no Cenima o venres 8 ás 19:30 horas.

Á seguinte semana celebraranse as verbenas. O xoves 14 será o día do pregón, na igrexa parroquial ao rematar a misa das 20 horas. Este ano corre a cargo de Narciso Rodríguez Méndez (Siso). Pola noite haberá verbena na praia da Rapadoira a cargo da orquestra Los Coleguitas.

O venres 15 Foz engalana as súas rúas para o paso da Virxe. Dende a tarde realizaranse as alfombras florais. Pola noite haberá verbena a cargo de Los Players e Grupo La Bamba.

O día 16 é o día grande e ás 12 horas a misa será na praza Conde de Fontao, cantada por Mar Aberto, con posterior ofrenda e procesión. Ao finalizar haberá sesión vermú e pola noite verbena con La Ola ADN e Nostalgia. Finalmente o domingo 17 será o Día do Neno con xogos gratuítos para os máis pequenos pola tarde en Conde de Fontao e verbena con Capitol. Dende a comisión e o Concello de Foz desexan a veciños e visitantes unhas boas festas do Carme.

ÚLTIMAS

Dous cabalos invaden a A-8 en Lourenzá

Ás 9.05 horas deste sábado á altura do quilómetro 536 da A-8, no municipio...

Melloras no edificio dos armadores do porto de San Cibrao para facilitar as súas condicións de traballo

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, remarcou o futuro acondicionamento do edificio dos locais dos armadores no...

ACISA Ribadeo suma case 30 novos asociados en 2023

Acisa Ribadeo suma case 30 novos negocios asociados neste ano 2023, cifra record de...

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...