InicioCentralFozComezan as Festas do Carme en Foz co pregón de Narciso Rodríguez,...

Comezan as Festas do Carme en Foz co pregón de Narciso Rodríguez, ruleiro no porto focense

O alcalde, Fran Cajoto, en nome de toda a corporación municipal, aproveita a ocasión para comentar: "visto o que pasamos, máis que nunca, desexarvos unhas felices festas do Carme e un gran verán". As festas do Carme tamén se celebrarán na parroquia de Cangas dos días 15 ao 17 de xullo e en San Martiño os días 22 e 23 do mesmo mes.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Foz vive con intensidade as Festas do Carme. Despois da celebración en Santa Cilla a pasada fin de semana, este xoves comezan as festas do Carme na vila co pregón de Narciso Rodríguez Méndez Siso sobre as 20.30 horas, ao rematar a misa. Ruleiro de Foz por excelencia e rexente durante moitos anos do Bar Siso, onde agora se asenta o Muelle Bar, Siso é unha persoa coñecida por todos en Foz. En palabras do alcalde, Fran Cajoto,: “é tradición en Foz que o pregón das festas do Carme o fagan xentes relacionadas coa tradición mariñeira da nosa vila. Xa lle tocaba a Siso, que vai ter mil anécdotas que contarnos seguro. É unha auténtica honra que aceptara a invitación do Concello e da comisión organizadora das festas”.

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, explica que neste 2022 volvemos cunha programación completa, na que haberá verbenas de xoves a domingo: “as orquestras comezarán as actuacións ás 22:30 horas, este xoves no Paseo de Colón, fronte á Rapadoira, e o resto dos días na explanada portuaria. Confeccionaremos as alfombras na madrugada do 15 ao 16 para que a procesión da Virxe recorra unha vila engalanada. Pido a colaboración de todas e todos, para respectar o traballo dos alfombristas e que todo se desenvolva con normalidade”. O programa completo está dispoñible nas redes sociais do Concello, destacando tamén o domingo 17 os xogos infantís no polideportivo do Campo da Cabana e o XXI Festival Aires do Masma, organizado pola Asociación Folclórica e Cultural A Subela na praza Conde de Fontao”.

Ángel Fernández Neira, presidente da Asociación O Noso Foz, que é a organizadora dos festexos, desexa a todas e todos unhas boas festas do Carme. “É un traballo de moitas semanas e quero agradecer a todos os membros da comisión a implicación e o esforzo para sacalas adiante. Tanto os trámites administrativos como o traballo de campo non resulta fácil, pero o obxectivo común é desfrutar das festas e que pouco a pouco nos vaiamos esquecendo das dificultades que vivimos en anos pasados”.

O alcalde, en nome de toda a corporación municipal, aproveita a ocasión para comentar: “visto o que pasamos, máis que nunca, desexarvos unhas felices festas do Carme e un gran verán”. As festas do Carme tamén se celebrarán na parroquia de Cangas dos días 15 ao 17 de xullo e en San Martiño os días 22 e 23 do mesmo mes.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...