InicioCentralFozReforzo dos sinais en pasos de peóns na estada da Costa no...

Reforzo dos sinais en pasos de peóns na estada da Costa no Concello de Foz

Fran Cajoto, alcalde, engade: “estes días vimos como se instalaban sinais indicativas que presinalizan os pasos de peóns, con indicadores luminosos para maior visibilidade".

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, agradece á Demarcación de Carreteras del Estado o reforzo na sinalización dos pasos de peóns na Estrada da Costa, Nacional 642, ao seu paso polo concello.

O rexedor municipal explica: “preocúpanos a seguridade nunha estrada que ten tráfico de autovía, máis de 11.000 vehículos ao día. No noso concello temos varias zonas de travesía: en Fazouro, Nois e Cangas. Na reunión que mantivemos o 14 de decembro na Demarcación de Carreteras, na Coruña, co xefe da Demarcación e a xefa de Conservación en Lugo o concelleiro Carlos García e máis eu trasladámoslles a necesidade de reforzar a visibilidade duns pasos de peóns que poden resultar moi perigosos, especialmente de noite e con mal tempo. Atenderon a nosa petición, polo cal estamos moi agradecidos: a sinalización supón un reforzo na seguridade para as veciñas e veciños que cruzan a estrada a diario”.

Fran Cajoto engade: “estes días vimos como se instalaban sinais indicativas que presinalizan os pasos de peóns, con indicadores luminosos para maior visibilidade. A solución definitiva virá coa construción da autovía A-74, da que xa se publicou o Proxecto de Trazado, pero melloras e reforzos como estes son benvidos”. Ao respecto, o alcalde indica que seguen a traballar para que se impulsen os proxectos de rotondas en Cangas e a mellora do cruce da Corredoira coa estrada a Ferreira.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...