InicioCentralFozFoz pon en marcha as obras nos aparcadoiros de Nois e Costa...

Foz pon en marcha as obras nos aparcadoiros de Nois e Costa do Castro con financiación da Deputación de Lugo

O Tenente alcalde de Foz Francisco Xavier Fanego, que acordaron o investimento, e subliñan que “co inicio das obras cúmprese co compromiso adquirido coa veciñanza, con axilidade e eficacia, como nos propuxemos desde o inicio desta colaboración entre as dúas institucións”.

Publicada o

- Advertisement -

O Tenente de Alcalde de Foz Francisco Xavier Fanego Bermúdez anuncia que as actuacións comezaron a pasada semana, coa limpeza e nivelado dunha parcela a carón do CEIP Fondo Nois, cedida por un particular, Manuel Pardo, ao que o Tenente de Alcalde agradece a súa colaboración desinteresada.

Esta actuación pódese levar a cabo grazas áo acordo entre a deputada de Medio Rural da Deputación de Lugo, Mónica Freire e o Tenente alcalde de Foz Francisco Xavier Fanego, que acordaron o investimento, e subliñan que “co inicio das obras cúmprese co compromiso adquirido coa veciñanza, con axilidade e eficacia, como nos propuxemos desde o inicio desta colaboración entre as dúas institucións”.

Nesta parcela crearase unha zona de aparcadoiro de areón compacto con 40 prazas, respondendo así a unha demanda da ANPA do centro que dará servizo tanto ao CEIP como á praia de Polas. As obras contribuíran a mellorar a fluidez e a seguridade na zona nas horas de saída e entrada do colexio. O lugar tamén está preto da praia de Polas polo que se agarda que sirva para o estacionamento de vehículos das persoas que se achegan ao areal e permitirá poñer tamén en valor e protexer este espazo natural.

O proxecto, que está a executar Tragsa, contempla tamén o acondicionamento do aparcadoiro de Costa do Castro, fronte ao cemiterio parroquial, con aglomerado e suporá un investimento total de 37.000 euros por parte de Medio Rural da Deputación de Lugo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...