InicioCentralFozAs obras do Bar dos Xubilados de Foz comezan de novo logo...

As obras do Bar dos Xubilados de Foz comezan de novo logo de reformas no sistema eléctrico

O alcalde, Fran Cajoto, pide desculpas polas demoras na obra pero “traballamos para axilizar todo o máximo posible, xa estamos tamén coa adquisición do mobiliario básico e na confección da decoración final".

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Foz retomou as obras do Bar dos Xubilados esta semana, despois de distintos atrancos e da necesidade de reformular o sistema eléctrico para independizalo do resto do edificio. Nestes momentos operarios especializados están a substituír os falsos teitos do local.

A concelleira de Asuntos Sociais, Ana Rojo, móstrase satisfeita polo reinicio duns traballos adxudicados en setembro do ano 2021: “temos unha demora de varios meses, pero procuramos facer as cousas ben e houbo que reformular o sistema eléctrico do local. O resultado vai ser moi positivo para o colectivo dos xubilados de Foz, que perderon na anterior lexislatura unha cafetería deseñada para eles no goberno de Rivera”, explica Ana Rojo.

O alcalde, Fran Cajoto, pide desculpas polas demoras na obra pero “traballamos para axilizar todo o máximo posible, xa estamos tamén coa adquisición do mobiliario básico e na confección da decoración final. Queremos abrilo o antes posible para que o colectivo de maiores poida volver a ter o seu local de referencia. É unha cafetería independente do edificio, con horario propio e cunha terraza espectacular sobre o peirao. Seguimos traballando”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...