InicioCentralFozFoz compra dous novos desfibriladores para avanzar na cardioprotección dos seus veciños

Foz compra dous novos desfibriladores para avanzar na cardioprotección dos seus veciños

A concelleira de Sanidade do Concello de Foz, Katherina Alonso Machado, engade que “tanto estes novos desfibriladores, marca Mindray DEA, coma os xa existentes, están actualizados e poderán localizarse na app Urxencias Sanitarias 061 Galicia”.

Publicada o

- Advertisement -

A concelleira de Sanidade do Concello de Foz, Katherina Alonso Machado, informa da adquisición a semana pasada de dous novos desfibriladores e explica que “estes novos dispositivos súmanse aos anteriores adquiridos polo goberno de Fran Cajoto avanzando nun Foz cardioprotexido”.

Katherina Alonso engade que “tanto estes novos desfibriladores, marca Mindray DEA, coma os xa existentes, están actualizados e poderán localizarse na app Urxencias Sanitarias 061 Galicia”.

A concelleira de Sanidade de Foz remata comentando que “é moi importante fortalecer a protección sanitaria; e máis nun concello como Foz, que en tempada estival incrementa considerablemente a poboación.”

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...