IniciosociedadeSae a licitación o proxecto de estabilización medioambiental da praia de Llas

Sae a licitación o proxecto de estabilización medioambiental da praia de Llas

A actuación inclúe a eliminación de especies exóticas e a restauración con autóctonas ou a construción dunha nova pasarela de madeira.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Foz saca a licitación do proxecto de Estabilización Medioambiental de Llas por 412.000 euros. A actuación proxectada inclúe a eliminación de especies exóticas e a restauración con autóctonas, a colocación de paneis divulgativos, o encauzamento do afluente central da praia mediante pilotes de madeira para evitar a erosión, a construción dunha nova pasarela de madeira na zona central da praia e a adecuación do estacionamento situado no final da Rúa do Vicedo.

O prazo de presentación de ofertas finaliza o próximo 20 de setembro deste ano 2022 e a duración prevista das obras é de 12 meses. O alcalde, Fran Cajoto, mostrouse satisfeito por estes avances. “A finais do mes de xullo saía a contratación, tamén pola Secretaría de Estado de Medioambiente, o paseo marítimo entre Peizás e a Pampillosa por 1,09 millóns de euros, contrato ao que se suman agora as actuacións en Llas por algo máis de 412.000 euros”.

Isto anímanos”, asegura, “a seguir traballando para conseguir máis investimentos necesarios para Foz. Queremos agradecerlle ao Goberno Central o interese que mostra polas nosas demandas”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...