IniciosociedadeA Plataforma Sanitaria da Mariña recollerá sinaturas en Foz en defensa da...

A Plataforma Sanitaria da Mariña recollerá sinaturas en Foz en defensa da Atención Primaria

A cita será o vindeiro martes 23 de agosto de 11 a 13 horas.

Publicada o

- Advertisement -

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña anuncia que o vindeiro martes, 23 de agosto, se desprazará ata o mercado de Foz para a recollida de sinaturas que formarán parte dunha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) promovida por SOS Sanidade Pública pola defensa dunha Atención Primaria de Calidade.

Desde o colectivo anuncian que esta campaña se desenvolverá “ao longo e ancho da comarca, con presenza en todos os concellos e eventos, mercados e actos máis importantes”. Así, o mercado de Foz será a primeira parada, en horario de 11 a 13 horas. 

A ILP pretende a implantación de propostas para recuperar a Atención Primaria como parte esencial do sistema sanitario público galego. O texto da iniciativa lexislativa popular pide “mellorar a estrutura e funcionamento dos centros de saúde, urxencias extrahospitalarias e servizo de ambulancias, garantir a presencialidade e calidade na atención, dotar de autonomía de xestión a Atención Primaria, garantir e fomentar a participación cidadá, rematar coas listas de agarda ou proporcionar unha atención sanitaria en igualdade”.

O colectivo anima a toda a veciñanza a achegarse á mesa informativa para “apoiar coa súa sinatura unha iniciativa que salve do abismo a Atención Primaria”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...